Primera noticia25 sept, 16:18
Aspas, Giráldez, Marián Mouriño, Tebas, Miguel Méndez ou Luis García, nas Xornadas Nacionais de Xornalismo e Deporte
O estadio Abanca Balaídos será a sede das Xornadas Nacionais de Xornalismo e Deporte-Vigo 2026 , que se celebrarán o luns 5 e o martes 6 de outubro, e que esta mañá foron presentadas no Concello de Vigo polo seu alcalde, Abel Caballero. Organizadas pola Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) , as xornadas estruturaránse en mesas de debate temáticas moderadas por profesionais do xornalismo, coa participación de representantes institucionais, dirixentes deportivos, xornalistas e deportistas. O propio alcalde será o encargado da apertura institucional do encontro, o luns 5 ás 18.00 horas. Os interesados en participar xa poden informarse e formalizar as inscricións, que son totalmente gratuítas, en www.agaxorde.org. O programa comezará ás 17:00 horas cun homenaxe aos olímpicos galegos, que incluirá unha breve charla de Ricardo Leiva Román , director de Deportes do Comité Olímpico Español, e a entrega de agasallos aos deportistas ou aos seus familiares. O programa dese luns inclúe: 18:00: «A importancia dun club profesional como o Celta para unha cidade como Vigo». Participarán Abel Caballero , alcalde de Vigo; Javier Tebas , presidente de LaLiga, e Marián Mouriño , presidenta do Celta. Modera Tito Irazusta , presidente da Asociación Española da Prensa Deportiva. 20:30: «As mulleres no xornalismo deportivo». Con Cristina Cubero , vicepresidenta primeira da Asociación Española da Prensa Deportiva; Ana Guantes , unha das pioneiras da prensa deportiva galega; Mercedes Moralejo , fotógrafa, e Lucía Dávila , creadora de contido de Movistar+. Modera Mila Alonso . O evento proseguirá ó día seguinte con esta axenda: 17:00: «Turismo deportivo». Con Manel Fernández , concelleiro de Deportes de Vigo; Carlos Cao , director de Infraestruturas e Relacións Institucionais do Celta; David Suárez Martínez , CEO de Diesemm, e un representante de Galitur. Modera Terio Carrera . 18:00: «Relación entre os medios de comunicación e o deporte profesional». Con Luis García , xornalista de Cuatro e COPE; Richard Barral , presidente da Asociación Española de Directores Deportivos; Miguel Méndez , seleccionador español feminino de baloncesto, recente bronce no Mundial de Alemania, e José Carlos Bastos , director de Comunicación do Celta. Modera Armando Álvarez . 19:00: «Prevención da violencia no deporte base». Con Beatriz Gelpi Ferreira , máster en Formación Permanente en Dereito Deportivo pola Universidade de Valencia e cofundadora de Juntos Invulnerables. 19.30 h: Clausura das xornadas a cargo de Abel Caballero e de seguido, «O gran momento do Celta». Con Claudio Giráldez , adestrador do Celta; Iago Aspas , capitán do Celta; Fredi Álvarez , adestrador do Fortuna, e Pablo Meixús , capitán do Fortuna. Modera Víctor López . Haberá intervención de ex xogadores por videoconferencia.
Sport